As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.
Adoita dicirse que Mondoñedo e Lourenzá rivalizaron por ser sede episcopal, polo que construíron as súas catedrais a toda présa. Ao perder Lourenzá deixouse unha segunda torre a medio facer, se ben a realidade explica esta curiosidade arquitectónica pola falta de fondos.
Ninguén sabe o porque, xa que seguramente o mellor futbolista da historia xamais pisara a zona, pero estas curvas chámanse así. Porén, na comarca hai varias familias con este nome, así que tal vez algún avó ou tío de Diego Armando sí pasara por aquí.
Aos pés do alto de Cornería (437 metros de altura), situado entre Barreiros, Foz e Lourenzá, podemos ver o val verde de Celeiro de Mariñaos. Una lenda dinos que no século VI e á morte do bispo bretón Maeloc soterrouse alí un cofre de ouro cheo de tesouros.
Ao igual que noutros puntos da costa galega, a ría de Foz sufriu asaltos de navegantes escandinavos. Nos anos dez de este s. XXI, un temporal deixou sen area a praia de Benquerencia (Barreiros) quedando á vista a tumba dun guerreiro normando.
De pouca poboación, a parroquia da Devesa contou nos anos sesenta con participantes duns campamentos de verán organizados polo réxime fascista de Franco. Aqueles nenos desfrutaban dunha das praias máis famosas del mundo: a de Augas Santas.
Entre os tellados de Ribadeo destaca en en forma de cono. É a Torre dos Moreno, o edificio máis icónico da arquitectura indiana da Mariña e que se constuiu cos cartos que os irmáns Moreno gañaron na emigración. Está enfronte do actual concello que no seu día foi residencia do Marqués de Sargadelos.
É un porto de montaña coñecido pola perigosidade da súa néboa e que sirve de fronteira entre A Mariña e unha alta chaira coñecida como A Terra Chá. Nesta imponente paisaxe situada a setecentos metros de altura conviven cabalos libres con muíños eólicos.
Poucos quilómetros ao sur de Mondoñedo está a paraxe da montaña Campo do Oso, onde o primeiro domingo de xuño se celebra unha edición da festa da rapa das bestas. Alí se recréase o costume de reunir caballos libres para cortarlles as crins e marcalos.
A localidade de nacemento do escritor Álvaro Cunqueiro ten apenas catro mil habitantes, pero desde fai case mil anos é unha cidade. O título outorgoullo o rei Afonso VII na primeira edición das súas populares festas de San Lucas, que aínda se celebran todos os outonos.
Os eucaliptos poboan as marxes do traxecto entre Ribadeo e Mondoñedo. Esta árbore que chegou de Australia a mediados do s. XIX como variedade ornamental é fonte de polémica en Galicia por terse apoderado de boa parte dos seus montes.
Lourenzá repousa sobre un val e conta cun espléndido edificio barroco: o mosteiro de San Salvador, fundado no s. X e que preside o conxunto urbano. A localidade é parada de peregrinos do Camiño del Norte e de visitantes atraídos polas súas famosas fabas.
Moi preto do centro de Foz está unha das igrexas con máis encanto e historia do norte de España. Considerada a catedral española máis antiga, a basílica de San Martiño de Mondoñedo foi sede episcopal dobre no s. IX ao reunir os bispados de Braga e Bretoña.
Este estuario xunto co curso medio e baixo do río Masma forman un espazo protexido pola Red Natura 2000 como Zona de Especial Conservación e Protección para as Aves. Os avistamentos máis interesantes prodúcense no invierno e no paso migratorio outonal.
É unha cidade turística de dez mil habitantes que triplica a súa poboación no verán grazas á beleza das súas praias. Foz significa desembocadura e precisamente aquí desemboca o río Masma, formando unha ría con zonas pantanosas e un paraíso para as aves mariñas.
Este concello ten oito quilómetros de costa e nove praias de varios tamaños. Todas elas agrúpanse nunha liña que compón un areal case contínuo e só interrompido por rochas ou saíntes. A temperatura das súas augas pode superar os 20 graos con facilidade.
É o monumento natural máis espectacular da costa lucense. Trátase dun espazo de dous quilómetros aberto ao mar salpicado de rochas, cantis e praias areosas entre illotes e pequenos promontorios. As visitas están reguladas no verán e Semana Santa.
A menos de dez quilómetros de Ribadeo está o porto de Rinlo, situado nunha parroquia de apenas 300 habitantes. Aquí construíuse unha das primeiras confrarías de pescadores de España e foi porto baleeiro. Hoxe é célebre pola súa gastronomía vencellada ao mar.
Ao norte de Ribadeo atópase o Faro de Illa Pancha, hoxe convertido en establecemento hoteleiro. Desde este illote unido a terra por unha pequena ponte pode avistarse aves migratorias e surfear con táboa ou moto acuática ondas de máis de quince metros de altura.
Do lado galego da ría atópase Ribadeo, unha vila antiga de case dez mil habitantes cunha arquitectura que remite ao seu pasado ilustrado e colonial. É a entrada en Galicia do Camiño de Santiago Norte e converteuse nun enclave turístico con grande actividade.
Foi inaugurado no 1987 e o seu nome débesse ás dúas capelas situadas nos seus extremos: unha en Castropol (Asturias) e outra en Ribadeo (Galicia). Máis discutido é o nome da ría que atravesa, coñecida como a Ría de Ribadeo en territorio galego y a do Eo no asturiano.






















