Carreteras secundarias é un compañeiro de viaxe. Un asistente virtual que aproveita a tecnoloxía para proporcionarnos información sobre o territorio que atravesamos. Os nomes das montañas e a súa orixe xeolóxica, a especie de cereal e os seus calendarios, os estilos das igrexas e os monumentos, os momentos máis destacados da historia -grande ou pequena- da aldea que se albisca no horizonte ou da vila que atravesa a estrada.

Cando viaxamos dun lugar a outro, cruzamos con frecuencia un territorio que non coñecemos en profundidade, un territorio que suscita preguntas, curiosidade. Carreteras secundarias é a resposta divertida, amena e lixeira, a todas esas preguntas.

Pero é algo máis.

Cada lugar ten a súa propia mitoloxía, idiosincrasia e historias que non sempre coñecemos e que, en ocasións, pode resultar totalmente allea á nosa cultura.

Esta app é a resposta a aquelas persoas ás que a curiosidade lles impulsa a viaxar ou simplemente queren saber máis sobre aquilo que ven a través dos vidros do coche ou do autobús. Non é unha guía de viaxes, é un complemento que fai que o teu traxecto sexa igual ou máis interesante que o destino. Unha forma diferente de atravesar o territorio lonxe de lugares comúns ou eslóganes publicitarios.

A app está deseñada para funcionar de xeito autónomo, lanzando os contidos a medida que pasas polos diferentes puntos de interese da ruta. Podes seleccionar os diferentes filtros de contido, para escoller aqueles temas que máis te interesan e saltar duns a outros a medida que te desprazas.

Carreteras secundarias funciona tanto se viaxas en coche ou autobús como se o teu camiño é a pé.